♪♫*| MP3 Player |* ♪♫


domingo, 6 de noviembre de 2011

♣ Comisión Europea investiga a Samsung


  # Por causa da continua guerra con Apple






A comisión europea decidiu darlle un repaso a Samsung, para ver si realmente non viola algunha das normativas de patentes o cal causa o bloqueo de ventas de Apple.
Compre decir que Samsung demandou a Apple en 5 países da unión europea. CE quere ver tamen se Samsung abusa da normativa do FRAND . Este tipo de lizenzas aínda son mais significativas no caso de 3GPP ( 3G Partnership Project ), na cal se atopa tanto Apple como Samsung.

Nun comunicado, Samsung dixo que a súa empresa "se mantivo, en todo momento comprometidos cos termos de equitativo, razoable e non discriminatorias para as nosas patentes wireless. Recibimos a petición de información da Comisión, e están cooperando en todo. Esta é unha investigación preliminar e a Comisión Europea aínda non determinou se vai haber unha investigación completa"

Se despois da investigación preliminar se ten suficientes evidencias para considerar que se violou algunha das normas anteriormente mencionadas, iniciarase unha investigación mais profunda. 

E se despois do proceso enteiro considera que Samsung infrigiu as normas anti-monopolio pode obrigar a Samsung a abandonar as súas demandas legales contra Apple en Europa o cal podría haber repercusión en outros países.

Fontes-> CLICK





♣ Microsoft intenta deter a Duqu
  
  # Volve Stuxnet adquirindo o novo nome de Duqu




A volta dun Virus legendario.?

Duqu é un virus detectado por Microsoft os cales agora intentan detelo. É de tipo troyano e co cal moi perigoso, é unha amenaza a cal causa estragos parecidos aos que realizou Stuxnet. Microsoft ao respecto liberou un parche provisional para resolver a vulnerabilidade de Windows, o cal provocou que o troyano Duqu poida espiar a industria e empresas e roubar información.
Hai expertos de seguridade que lles advirtiu que o kernel de Windows, o cal foi empregado por duqu para poder entrar nos equipos das víctimas por medio dun documento de word
 
No sitio web TheRegister explican que este Virus instala un Keylogger no ordenador víctima que rexistra todo o escrito mediante o teclado do ordenador, e despois de 36 días autoeliminábase solo. Para isto Microsoft lanzou un Parche para ese oco de seguridade que se atopa nas fontes TrueType.

Microsoft declara ao respecto o seguinte->



"Un invasor que se aproveita esta vulnerabilidades pode executar código arbitrario para instalar programas, ver, cambiar ou eliminar datos ou crear novas contas con dereitos totais de usuario."

Esta empresa xa compartiu os detalles do fallo a especialistas de seguridade informática, para que poidan actualizar a base de detección de amenazas, co fin de bloquear os ataques de Duqu.


♣ Novo Cambio de algoritmos de Google


  #Os cales aparecen cada vez con menos frecuencia...





Google volve aplicar un cambio nos seus algoritmos, este tipo de cambios anteriormente foron moito mais frecuentes. Volvendo o tema principal desta entrada, desta vez a actualización será a seguinte:
Google buscara os artículos mais recientes se é que detecta que o tema é actual. Por exemplo apartir de agora se buscas algo sobre un terremoto ou un temporal, apareceranche os artículos mais actuales e recientes que poden estar aí apenas uns minutos, e non os mais visitados que poden ser de fai 5 anos.

Para febreiro está posto outro cambio de Google, que vai ser a penalización daquelas plataformas web que por decilo dalgunha maneira se nutren de contidos copiados de outras páxinas web ou que fan uso de estratexias para posicionarse nos primeiros lugares. Estes cambios según Google proporcionará sobre un 11% de cambio na xerarquía da aparición dos resultads.


♣ SONY ERICSSON XPERIA NOZOMI


O proximo xigante de Sony ( porque xa non Ericsson.? click AQUÍ ) filtrouse como de costume por fotos publicadas en internet. Foi descuberto por unha plataforma israeli iAndroid  e republicado pola web   Just another mobile phone blog con especificacións moi interesantes, como por exemplo unha pantalla de 1280x720px a cal é a mesma empregada para o Samsung Galaxy Nexus Prime, a calidade da cal case chega a do iPhone 4. 
Este novo dispositivo Xperia conta cunha CPU de doble núcleo a 1.5GHz. En canto a deseño, é parecido a do resto dos membros familiares desta serie, cun elegante sombrío cun frontal moi limpo e diáfono, cos botons inferiores os cales aparentamente son físicos.O novo dispositivo Xperia Nozomi conta co sistema operativo Android Gingerbread  . Isto son os detalles coñecidos por agora, nada esta seguro xa que podría ser simplemente un prototipo. 


Moitos detalles aínda son descoñecidos, aínda non se sabe cando será a data na cal saldrá o mercado, nin se nos van poñer o sistema operativo Android Icecream Sandwich ou nos terdremos que conformar co Gingerbread. 


Fontes-> Wikipedia, Gizmología
♣ O ataque a Facebook de parte de Anonymous, nunca foi real .!




Para onte día 5.11.2011 estivo posto o ataque a rede social de Facebook de parte de Anonymous como xa vos comentara. Ese ataque finalmente resultou que nunca foi real e que solamente foi idea dun único membro de Anonymous, como nos aclaran en Pastebin (para ver o artículo original en inglés da aclaración de anonymous click AQUÍ ).
O nome dese membro é Anthony de Ohio (Estados Unidos ) decidiu tomar o nome e crear un ataque imaxinario. Apesar de que moitos compañeiros deixaran de apoyar a operación, o mensaxe seguía expandindose. 

Un mensaxe que tamen nos deixou Anonymous, que sobre todo debe ir en contra dese compañeiro e que tamen explica de certa maneira que nunca hackearían a Facebook é o seguinte :

"Se estades en contra do xeito no que nos comunicamos en Facebook,Twitter ou o método de actuar, entón está en contra Anonymous e convertese no noso enimigo, xa que estás a interferir e perturbando o noso movemento.Por esta razón, decidimos cortar todos os lazos con ese usuario e decirlle o lixo que é."


Según apunta Cnet a operación que supuestamente se quixo realizar en contra de Facebook, foi idea dun grupo de delincuentes os cales nada tiñan que ver co grupo Real .

Fonte-> Bitelia 

sábado, 5 de noviembre de 2011

♣ Samsung Galaxy Note:


•A aparición dun novo xigante no mercado.?


   



Unha gran novedade se infiltrou o mercado de parte da compañía de Samsung . Tratase dun novo dispositivo que non é nin Tablet nin é Smartphone, senon que conten os dous. Dise que é un tanto esaxerado como móvil cunha pantalla de 5.3"  (1280x800px )  , pero aínda así é unha pasada de dispositivo. É empregable tanto para o uso persoal como para os negocios, na oficina na casa, etc.






Por unha parte o Galaxy Note é difícil que sustitua un Smartphone. Pero ten detalles integrados que son suficientes para explicar a súa existencia. Unha cousa curiosa del é que fai uso de 2 SIM diferentes. Unha delas para cumprir a súa funcionalidade como Tablet e a outra para cumprir como Smartphone. 
Un problemilla que podería aparecer con este dispositivo e coa batería que se gasta sobre todo con aplicacións que precisan da gráfica e do procesador como por exemplo xogos en HD. Está comprobado que xogando durante 1hora, que a batería se gasta sobre un 20-30 %, porcentaxe a cal é moi elevada. Sen embargo vendo vídeos convenze mais, é capaz de aguantar unhas 9-10h sen volver a ser recargado. 


Este dispositivo estara dispoñible apartir do 7 de Novembro aquí en España.


Para información máis detallada, podedes descargar de maneira segura aquí desde o meu servidor unha ficha técnica como documento Word ( collida de MovilZona ) -> Descargar Ficha T. 
♣ Anonymous acabará con Facebook .?



      (www.wikipedia.com )


Para oxe, día 3 de Novembro, estaba anunciado o ataque de Anonymous a rede social probablemente mais famosa de todas : Facebook .
Tal como nos contan nos siguente ligazón: CLICK 
A amenaza foi pronunciada xa en Agosto. Pero porqué atacar a Facebook.? Pois polo seguinte-> Facebook cambiou os seus térmos xa moitas veces e nunca foi segura de todo. Iso xa desde sempre lles estivo como un cravo no ollo a Anonymous. E por unha parte podríase darlles a razón. Pero tamen comentan que o final só un grupiño dos hackers van a levar a operación a cabo.
" Sexa como sexa, Anonymous sempre cumpre coas súas amenazas " como dixo Paola Rojas nunha entrevista, e así tamen nos recordou o ataque que fixeron contra a rede de Playstation Network tamen chamada PSN. 
A PSN tamen foi hackeada por causas moi semellantes as anteriores. Ao principio de 2011 Sony fixo un arranxo no software de PSN, no cal tamen cambiaron moitos térmos. Anonymous así lles pareceu que esta non podía ser segura, xa que atraves desa páxina facíanse compras mediante tarxetas de crédito. Así foi como se hackearon ata a base de datos, encubrindoó como unha compra online, polo cal os sistemas de seguridade non detectaron ningunha amenaza. Despois de pasar o servidor web pasaron a explotar unha vulnerabilidade de aplicacións para instalar software. Iso foi empregado para acceder finalmente a base de datos e de aí podían descubrir todos os números de tarxeta de crédito que había rexistradas. Sony sempre aseguraba que estas estaban cifradas, o cal polo parecer era mentira. A PSN nunca se chegou a restaurar de todo, polo menos a Store (tienda online ) non se volvei reactivar. En japón non querían saber nada mais de PSN ata que non se confirmara que fora totalmente seguro.


VIDEO OFICIAL DO SUPOSTO ATAQUE A FACEBOOK






Conclusión-> Non se sabe aínda o que poderá pasar no día de oxe con Facebook. Pero polo visto Anonymous sigue firme co seu lema:


We are anonymous
We are legion
We do not forgive
We do not forget
Expect us.!




Agora cada un podera ter a súa propia opinión sobre as accións de Anonymous. Persoalmente, pareceme ben que fagan algo mais de xustiza virtual... Non creedes.? ;)